InicioSociedadeLugo consegue baixar do millar de casos activos por coronavirus

Lugo consegue baixar do millar de casos activos por coronavirus

Redúcese a presión asistencial, con 62 persoas ingresadas fronte aos 71 do xoves.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte volve estar por baixo da barreira dos mil casos activos de coronavirus logo dun mes por riba desta cifra. Segundo a última actualización de datos do Sergas, a provincia rexistra 942 pacientes con infección activa (78 menos ca onte).

Á súa vez, mantense a estabilidade no número de novos casos confirmados: nas últimas 24 horas detectáronse 36 positivos novos a través de PCR nas 984 probas realizadas. No mesmo período, recibiron a alta 111 persoas.

A situación tamén mellora nos hospitais, que van descargando presión aos poucos e cada vez de maneira máis significativa. Así, Sanidade conta 62 pacientes ingresados (-9): 41 están en planta (27 no HULA, 5 no Hospital da Mariña, 8 en Monforte, 1 no Polusa) e os outros 21 permanecen na Uci (todos no complexo hospitalario da capital lucense).

En canto ao balance histórico, o Sergas refire 198 falecementos na provincia de Lugo, 10.307 doentes que superaron a enfermidade e 179.929 PCR efectuadas.

GALICIA

Pola súa parte, Galicia continúa co descenso da terceira onda do coronavirus e na última xornada as cifras de ingresos en Uci xa se sitúan por baixo do pico da primeira vaga: 169 pacientes críticos, fronte aos 178 que se rexistraron en abril do ano pasado. Malia a redución xeral da presión asistencial, deuse unha lixeira repunta nos contaxios detectados. Os casos activos, iso si, caeron de maneira significativa.

ÚLTIMAS

Lugo convértese no epicentro do cine galego cunha ambiciosa programación previa aos Premios Mestre Mateo

A Academia Galega do Audiovisual deu a coñecer en Lugo o programa de actividades...

Lugo aproba o anteproxecto de orzamentos locais previstos para 2026

A Xunta de Goberno local celebrada este mércores en Lugo deu o visto e...

Manteñen a pena de 26 anos para o autor do asasinato da lucense Cristina Cabo

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) confirmou a condena contra o home...

Restricións en varias estradas da Montaña de Lugo pola neve

O temporal de neve que afecta a boa parte da península tamén ten moitas...