InicioSociedadeO Sergas di que o predominio da cepa británica na provincia "é...

O Sergas di que o predominio da cepa británica na provincia “é cada vez maior”

Unha análise de varias mostras extraídas en Guitiriz determinou que todas elas eran compatibles con esta variante.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, recoñeceu que o “predominio da cepa británica é cada vez maior” na provincia, porque “non vai ser un caso aparte en relación co que sucede no resto de Galicia, de España e de Europa”.

De feito, confirmou á prensa que o Laboratorio de Microbioloxía analizou “cinco ou seis mostras de resultados positivos” en Guitiriz, un municipio que chegou esta semana a alcanzar a maior incidencia da pandemia en Galicia, e comprobou que todas eran “compatibles coa cepa británica”.

Por outra banda, explicou que, despois das medidas adoptadas, ao Sergas gustaríalle “ que a baixada da incidencia” da covid-19 na capital lucense “fose máis rápida do que o está sendo”, aínda que o número de casos activos segue minguando tamén na cidade.

Para as autoridades sanitarias, precisou, a evolución da pandemia na cidade é a que máis preocupa, porque é onde se produce unha maior concentración de poboación e o risco de que se propaguen os casos é tamén máis elevado.

En todo caso, precisa que o importante é que a incidencia vaia diminuíndo e que ese descenso xa empezase a notarse na hospitalización. A baixada no ritmo de contaxios “ten un efecto” sobre a presión asistencial e o “número de ingresos novos está a baixar desde hai unha semana”, aínda que o número de pacientes que reciben coidados na UCI segue sendo moi elevado. Ares lembrou que “son enfermos críticos” e que, por tanto, necesitan de máis tempo para recuperarse, incluso unha vez superado o coronavirus, cando “xa non son contaxiosos”.

+ posts

ÚLTIMAS

O PP fai historia: primeira moción de censura no Concello de Lugo desde a recuperación da democracia

O Concello de Lugo vivirá este xoves, 7 de maio, a súa primeira moción...

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...