InicioSucesosPerde 14 puntos do carné por fuxir da Policía de "forma temeraria"...

Perde 14 puntos do carné por fuxir da Policía de “forma temeraria” nun quad

O condutor tentou escapar dun control establecido no polígono do Ceao.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | O condutor dun quad, que tentou escapar da Policía Local de Lugo de forma temeraria polas rúas da cidade, foi finalmente interceptado pola patrulla que o perseguía e, por mor do seu comportamento, perderá de golpe 14 puntos do seu permiso de conducir.

Segundo informou a propia Policía Local, os feitos sucederon o pasado luns pola mañá, cando nun dos controis de seguridade establecidos no polígono industrial do Ceao os axentes viron que o condutor dun quad, ao decatarse da súa presenza, deu a volta e emprendeu a fuga.

A patrulla púxose de forma inmediata a perseguilo e viu como “de forma totalmente temeraria” realizaba “xiros a gran velocidade e derrapaxes perigosas”, ademais de zigzaguear entre os vehículos, saltar un semáforo en vermello e facer caso omiso, en todo momento, ás indicacións dos axentes.

Finalmente foi interceptado e os axentes denunciárono por conducir de forma temeraria, non respectar un semáforo en vermello, desobedecer as súas propias ordes e non presentar o vehículo á ITV no prazo previsto. Ademais de perder catorce puntos, terá que pagar 1.100 euros de multa.EFE

+ posts

ÚLTIMAS

Fernández reclama a renovación da rede de abastecemento en Paradai

O portavoz do Grupo Municipal Socialista, Miguel Fernández, visitou esta semana o barrio de...

O PP provincial esixe á presidenta da Deputación “entregar o expediente sobre José Tomé”

O Grupo Provincial Popular esixiu hoxe e de forma rotunda que a presidenta da...

A Deputación licita por máis dun millón de euros o equipamento da residencia de Becerreá

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a licitación do...

Candia fai chegar á subdelegada do Goberno prioridades en seguridade, mobilidade e infraestruturas

A alcaldesa de Lugo, Elena Candia, mantivo hoxe unha reunión institucional coa subdelegada do...