InicioSociedadeAs hospitalizacións por Covid comezan a reducirse timidamente na área lucense

As hospitalizacións por Covid comezan a reducirse timidamente na área lucense

O Sergas conta 91 ingresos, dos cales 25 precisan de coidados intensivos. Os casos activos diminúen e sitúanse nos 1.437 (-77).

PUBLICADA O

- Advertisement -

A terceira onda da pandemia semella estar en fase de baixada na área sanitaria de Lugo, onde tamén hoxe se rexistra unha diminución de casos activos apoiada por un elevado número de altas médicas por curación. Amais diso, os hospitais da provincia comezan a ver rebaixada a súa presión asistencial, aínda que moi pouco a pouco.

En concreto, o Servizo Galego de Saúde (Sergas) conta 1.437 pacientes con infección activa por coronavirus (77 menos ca onte): foron 140 altas fronte a 62 novos positivos detectados nas últimas 24 horas mediante PCR.

No que respecta á situación nos hospitais, a área lucense rexistra 91 ingresos de persoas con infección activa; isto é, seis menos ca onte. Deles, 66 están en planta (35 no HULA, 10 na Mariña, 20 en Monforte e 1 no Polusa) e 25 na Uci. O Hospital da Mariña conseguiu baleirar a súa unidade de críticos de pacientes de coronavirus, de modo que  os 25 enfermos que precisan de coidados intensivos permanecen na Uci do HULA.

Por outra banda, a cifra de vítimas mortais da pandemia ascende a 186 na área sanitaria de Lugo logo de que o Sergas comunicara onte o falecemento dun home centenario na residencia de Sarria. Así mesmo, os datos históricos do Sergas tamén reflicten que se curaron un total de 9.524 persoas e que se realizaron 173.319 probas PCR (1.239 delas onte).

ARES: “AÍNDA QUEDA MOITO POR BAIXAR”

Respecto disto, o xerente da área sanitaria, Ramón Ares, recoñece que malia que a situación mellorou grazas ás restricións, “aínda queda moito por baixar para chegar a unha incidencia normalizada” da Covid-19 e “libre dun risco alto”.

De feito, aínda que agora mesmo a situación epidemiolóxica é “estable” e cunha “tendencia á baixa no número de casos”, lembra que a presión asistencial “segue sendo alta”. “O que máis preocupa é a UCI”, dixo Ares, porque “ese efecto de baixada chega máis tarde”, dado que os pacientes teñen “estancias máis longas” polo seu prognóstico.

GALICIA

A nivel autonómica, cúmprese esta tendencia de baixada nas hospitalizacións. O número de persoas ingresadas con Covid-19 reduciuse en 61 dende onte, polo que se sitúan nas 1.084. Delas, 228 permanecen na Uci. Tamén os casos activos seguen diminuíndo e caen ata os 15.894 (749 menos). Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Gran desprendemento por mór das choivas na Torre de Torés, un BIC en estado crítico

As choivas caídas nas últimas semanas, unidas ao estado de deterioración da edificación, causaron...

O PP de Lugo denuncia que o Goberno central leva sete anos sen cubrir as prazas de médicos do ISM

Os senadores do PP de Lugo denunciaron que o Goberno de España mantén sen...

PSOE e BNG confían en aprobar os orzamentos de Lugo de 131,9 millóns nun pleno de incertezas

PSOE e BNG están convencidos de que os orzamentos para 2026, que foron presentados...

A Deputación arranxará o muro caído na estrada Lugo-Guntín

A Deputación arranxará de forma inmediata un muro da estrada provincial LU-P-2913, que une...