InicioSociedadeA área de Lugo achégase ao centenar de ingresos por coronavirus

A área de Lugo achégase ao centenar de ingresos por coronavirus

Os casos activos seguen reducíndose, ao rexistrarse un número elevado de altas e detectarse 41 novos positivos

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os casos activos e os diagnósticos de coronavirus van baixando na área sanitaria de Lugo, pero non o fan do mesmo xeito as hospitalizacións. Este martes 9 de febreiro, o Sergas informa de 1.721 pacientes con infección activa (46 menos). Así mesmo, nas últimas 24 horas confirmáronse 41 novos positivos a través de PCR.

Pola contra, os ingresos hospitalarios seguen medrando e xa se sitúan nos 98. É un máis ca onte, aínda que as UCI rebaixan a presión. En concreto, hai 72 persoas en planta (42 no HULA, 10 na Mariña e 20 en Monforte) e 26 nas unidades de críticos (24 no HULA e 2 na Mariña).

Por outra banda, Sanidade refire 183 falecidos na provincia tras notificar na tarde de onte a morte dunha usuaria da residencia de Sarria que finou no HULA. Do mesmo xeito, dende o inicio da pandemia curáronse 9.060 persoas e realizáronse 169.740 probas PCR (894 delas onte).

BOS SINAIS EN GALICIA?

En canto á comunidade galega, o Sergas comunica que os pacientes con Covid-19 ingresados en hospitais descenderon en 39, seis deles menos en UCI e 33 menos noutras unidades de hospitalización. Ademais de aliviarse a presión hospitalaria, baixan os casos activos en 794 ata os 18.452 e os contaxios diarios mantéñense no medio milleiro -582, deles 489 confirmados por PCR nas últimas 24 horas-. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Arden dous edificios no centro de Rábade

Un incendio calcinou dous edificios de dúas plantas no centro do municipio de Rábade...

Denunciado en Lugo un condutor baixo os efectos do alcol, que se saíu da vía e chocou contra un sinal

Axentes da Policía Local de Lugo denunciaron a un condutor que deu positivo no...

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian danos en dúas mámoas do Camiño Primitivo na Fonsagrada

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Mariña Patrimonio veñen de...

A Deputación reclama á Xunta investimentos para atender persoas maiores na provincia

O Pleno da Deputación de Lugo reclamou á Xunta un plan de investimentos específico...