InicioSociedadeLugo consegue certa estabilidade nos ingresos hospitalarios, que seguen elevados

Lugo consegue certa estabilidade nos ingresos hospitalarios, que seguen elevados

Diminúen os casos activos e os novos positivos detectados a través de PCR.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo rexistra este venres 5 de febreiro 2.023 casos activos de coronavirus, 82 menos ca os contabilizados onte. Nas últimas 24 horas confirmáronse 73 novos diagnósticos a través de PCR.

En canto á presión asistencial, parece estabilizarse nos últimos días. O Sergas volve comunicar hoxe 91 hospitalizacións, as mesmas ca onte, aínda que cun paciente máis na UCI. Hai, en concreto 64 pacientes en planta (38 no HULA, 5 na Mariña e 21 en Monforte) e outros 27 en unidades de críticos (25 no HULA e 2 na Mariña). O Hospital Polusa queda outra vez libre de pacientes con coronavirus.

Do mesmo xeito, Sanidade conta 178 mortes dende o inicio da pandemia na provincia de Lugo, 8.748 persoas curadas e 164.911 probas PCR realizadas (onte 1.437).

GALICIA

Os hospitalizados con Covid-19 en Galicia seguen en descenso, con 28 menos, a pesar de subir en catro os que permanecen en UCI ata os 251. Ademais, os casos activos continúan reducíndose e sitúanse en 21.686, o que supón 713 menos. Así se desprende dos datos publicados este venres pola Consellería de Sanidade con rexistros ata as 18:00 horas do xoves, recollidos por Europa Press. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de Lugo incendia o Parlamento entre acusacións de “compra de vontades”, transfuguismo e “hipocrisía”

A moción de censura de Lugo volveu este martes ao centro do debate político...

Morre un mozo despois de caerlle encima unha tubaxe de 500 quilos

Un mozo faleceu este mércores no municipio lucense de Vilalba tras caerlle encima un...

Pontón aplaude o traballo do BNG no Concello de Lugo e advirte: “Lugo non perdoará aos traidores”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, defendeu o labor do tenente de alcalde...