InicioSociedadeUnha vintena de positivos en Vilalba nun gromo relacionado cunha matanza

Unha vintena de positivos en Vilalba nun gromo relacionado cunha matanza

O virus tamén puido transmitirse a través de varias comidas familiares nas que participou a mesma xente, segundo precisa o Sergas, que admite preocupación pola alta incidencia no municipio.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | Dúas decenas de persoas contraeron a Covid-19 por mor dun gromo cuxa orixe está nunha matanza na que participaron varios dos infectados, o cal foi confirmado polo servizo galego de saúde (Sergas) e que se concentra na parroquia vilalbesa de San Simón da Costa.

Fontes sanitarias precisaron á prensa que o virus puido propagarse tamén a través de varias comidas familiares nas que participou a mesma xente.

Como vén sendo habitual nestes casos, o Sergas xa está a rastrexar os contactos das persoas que deron positivo para tratar de cortar canto antes as cadeas de transmisión.

PREOCUPA A INCIDENCIA

Dáse a circunstancia de que o virus ten no municipio de Vilalba unha incidencia moi elevada e que non deixa de subir, a pesar de que o concello leva case tres meses pechado perimetralmente e semanas sometido ao nivel máximo de restricións. De feito, foron diagnosticados 192 casos no últimos catorce días, cunha incidencia acumulada superior aos 250 por cada 100.000 habitantes.

O xerente da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, Ramón Ares, recoñeceu que a situación da pandemia no municipio é “preocupante”, pola elevada incidencia “a pesar das medidas adoptadas desde principios de decembro”. “A pesar de que levamos moito tempo” tentando cortar as cadeas de transmisión, dixo Ares, a “incidencia é moi alta” e disparáronse “ os casos”.

Na confirmación de novos positivos tamén tiveron que ver os catro cribados realizados polo Sergas no municipio. 

+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...

Activado un aviso amarelo por treboadas en zonas de Lugo

A Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) activou o aviso amarelo por treboadas nas provincias...