InicioSociedadeA xefa da Uci do HULA: "Agora ingresa xente máis nova e...

A xefa da Uci do HULA: “Agora ingresa xente máis nova e moitos sen patoloxías asociadas”

Ana Ferreiro confesa sentir "rabia e impotencia" ao ver comportamentos irresponsables, tanto da xuventude como de xente maior: "Terían que pasar pola Uci e ver como están os pacientes".

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A xefa da Unidade de Coidados Intensivos no HULA, Ana Ferreiro, fai un chamamento a reducir “o contacto social” na medida do posible, porque estamos “nun momento álxido” da pandemia, cun elevado número de hospitalizacións e con ingresos de xente bastante nova. Son “a responsabilidade social e a autodisciplina” o que “vai facer que isto se corte”.

“Non hai outra. Hai que reducir o contacto social. Ter unha serie de regras e manter unhas normas por un tempo limitado, porque nos van a beneficiar moito a longo prazo para controlar a pandemia”, engadiu en declaracións a EFE.

Recoñeceu, ao ver determinados comportamentos irresponsables, que sente “rabia e impotencia”. “Terían que pasar pola UCI e ver como están os pacientes. Non de 20 ou de 30 anos, pero con idades que están moi preto, e que están entubados e con moito risco vital”, engadiu. Ademais, lembrou que esta situación non só está relacionada cos “mozos”, porque tamén hai “xente maior que é moi irresponsable”.

En canto ao perfil dos pacientes ingresados na UCI, informa de que si se percibe “algunha diferenza” nesta terceira onda. “O máis significativo é a idade. É xente máis nova e moitos deles sen patoloxías asociadas, aínda que a normalidade é que moitos deles teñan patoloxías asociadas. Outra das diferenzas é que ao ser máis novos, evolucionan mellor”, aclarou, e a “estancia media na UCI é menor”.

+ posts

ÚLTIMAS

Reaccións moción de censura: Pontón acusa a Rueda de “aproveitarse de dúas persoas mortas e unha tránsfuga”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acusou ao presidente da Xunta...

A Policía libera a unha muller retida polo seu compañeiro de piso en Lugo

Unha muller, que se atopaba retida polo seu compañeiro de piso, foi liberada por...

Plataforma cidadá contra unha posible moción de censura en Lugo

A posibilidade de que o Partido Popular impulse unha moción de censura en Lugo...