InicioSociedadeOs cribados de Palas de Rei e Vilalba destapan sete positivos

Os cribados de Palas de Rei e Vilalba destapan sete positivos

No municipio chairego realizáronse 550 PCR e 60 tests de antíxenos, mentres que no concello da comarca da Ulloa participaron 320 persoas

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os cribados realizados polo Sergas nos últimos días en Vilalba e Palas de Rei deixan sete positivos tras 610 e 320 probas, respectivamente.

Segundo datos do Sergas, en Vilalba efectuáronse 550 PCR con cinco resultados positivos e 60 test de antíxenos, nos que se detectou 1 contaxio. A situación de “colapso dos servizos sanitarios” da provincia impediu que se puideran facer máis probas diagnósticas neste municipio, que tivo que parar de recoller solicitudes de participación o mércores 27.

O concello de Vilalba presenta unha incidencia de 182 casos de coronavirus confirmados nos últimos 14 días.

PALAS DE REI

Pola súa parte, o Sergas tamén realizou un cribado poboacional en Palas de Rei debido á elevada incidencia do municipio, unha das máis altas en relación ao número de habitantes. Nas últimas dúas semanas diagnosticáronse 72 casos.

Estaban convocadas 469 persoas de entre 18 e 65 anos, das que finalmente acudiron 320 a someterse ás probas. Os resultados só destaparon un caso positivo en coronavirus.

ÚLTIMAS

Lugo paraliza as obras do edificio que ía acoller a menores migrantes por falta de licenza urbanística

O Concello de Lugo ordenou a suspensión inmediata das obras que se executan no...

Rescatan a unha muller cunha perna atrapada nun motocultor nunha leira de Begonte

Os bombeiros de Vilalba tiveron que liberar na tarde deste luns a unha muller...

O PSdeG acusa a Rueda de usar Turismo de Galicia como “a chequera de Elena Candia” nos orzamentos de 2026

A deputada socialista e secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou ao presidente...

Falece un home de 31 anos nun accidente de tráfico en Lugo tras saír da vía o seu vehículo

Un home de 31 anos perdeu a vida nesta pasada madrugada ao sufrir un...