InicioSociedadePositivo en covid o alcalde de Palas de Rei, cunha das incidencia...

Positivo en covid o alcalde de Palas de Rei, cunha das incidencia de casos máis alta de Galicia

A incidencia acumulada a 14 días en Palas de Rei é de 2.285 positivos por 100.000 habitantes.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O alcalde de Palas de Rei, o popular Pablo Taboada, deu positivo en covid-19 nunha proba PCR realizada o venres, segundo comunicou o propio Concello. A través da súa páxina web, o Consistorio explicou que Taboada xa se atopaba confinado por manter contacto cun caso de coronavirus no “ámbito familiar”, aínda que dera negativo na primeira proba. Agora, ao dar positivo nunha segunda, seguirá en illamento.

O positivo do alcalde coincide co progresivo avance da terceira onda neste municipio lucense, onde nos últimos 14 días detectáronse 76 casos de covid, segundo os datos do Servizo Galego de Saúde (Sergas) actualizados a este sábado.

Isto implica que, ao ter unha poboación de 3.326 –de acordo con cifras do Instituto Galego de Estatística (IGE)–, a incidencia acumulada a 14 días en Palas de Rei é de 2.285 positivos por 100.000 habitantes, das máis altas de Galicia.

Por iso, o Concello roga aos seus veciños un “cumprimento estrito” das normas sanitarias establecidas pola Xunta e unha “máxima precaución” para extremar as medidas hixiénico sanitarias.

+ posts

ÚLTIMAS

Localizan en Lugo un cadáver que podería ser o de Isaura Vázquez, desaparecida desde xullo de 2025

O cadáver dunha muller foi localizado este mércores en avanzado estado de descomposición nas...

Detida en Lugo tras entrar pola forza nunha vivenda, agredir unha muller e regresar para ameazala

A Policía Local de Lugo interveu este mércores nunha agresión con allanamento de morada....

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...