InicioSociedadeBaixa a presión hospitalaria en Lugo, mentres segue subindo en Galicia

Baixa a presión hospitalaria en Lugo, mentres segue subindo en Galicia

Tamén baixou o número de novos contaxiados con respecto á xornada anterior.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O número de pacientes con covid-19 hospitalizados non cesa en Galicia, que suma outros 50 ingresados máis noutra xornada cos contaxios detectados por enriba dos 1.300 (1.225 por PCR), a taxa de positividade roldando o 10% e os casos activos marcando novo teito da pandemia, tal e como informa o Sergas con información solicitada ata as 18,00 horas do día anterior (neste caso, o 30 de xaneiro de 2021).

Deste xeito, a presión sobre os hospitais galegos mantense en aumento cunha xornada na que subiu a 1.362 o número total de pacientes ingresados, 50 máis que 24 horas antes. Tamén se incrementan as persoas que requiren coidados intensivos, que son xa 232, catro máis que o día anterior.

Todo iso nunha xornada na que os contaxios detectados situáronse de novo por enriba dos 1.300. Foron, en concreto, 1.331 as persoas diagnosticadas con covid-19 por calquera tipo de proba, das cales, 1.185 deron positivo (-74) nunha das 12.580 probas PCR practidas durante o día (1.310 test menos que 24 horas antes).  Así mesmo, o total de casos activos volve elevar a marca da pandemia cos 22.608 deste domingo, catro veces máis dos que había na despedida do ano 2020 hai un mes.

Lugo mantense como a área con menos pacientes hospitalizados e é a única onde baixaron nas últimas 24: son 73 (-5), 19 en UCI (-2). Tamén baixaron o número de novos contaxios en 55 persoas con respecto a 24 horas ante. Forn 124 contaxiados novos. Con todo segue alta taxa de positividade, un 6,5%, por enriba do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia e da que Galicia non baixa desde o 24 de decembro.

CASOS ACTIVOS

En canto aos casos, como se produce diariamente desde hai máis de dúas semanas, o dato da xornada, 22.608, supón nova marca da pandemia, aínda que se aprecia unha desaceleración no ritmo de crecemento diario, que chegou a ser dun milleiro hai unha semana e este domingo queda por baixo da centena (+97). Neste sentido, Lugo conta con 2.129 casos activos (+8).

ÚLTIMAS

ADEGA e Mariña Patrimonio denuncian danos en dúas mámoas do Camiño Primitivo na Fonsagrada

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) e Mariña Patrimonio veñen de...

A Deputación reclama á Xunta investimentos para atender persoas maiores na provincia

O Pleno da Deputación de Lugo reclamou á Xunta un plan de investimentos específico...

Arquivada a causa aberta contra o presidente de Castilla y León por unha entrada para ver ao Real Madrid

O maxistrado do Xulgado de Instrución número 1 de Lugo, Joaquín Brage, asinou este...

Detidos dous veciños de Lugo como autores de varios roubos con forza en vivendas e por tenencia de armas

Axentes da Garda Civil detiveron na estrada LU-612 a dous veciños de Lugo como presuntos autores...