InicioSociedadeO xefe de cirurxía do HULA recoñece reprogramacións de "cirurxías tumorais graves"

O xefe de cirurxía do HULA recoñece reprogramacións de “cirurxías tumorais graves”

Di que están apostando por facer "máis cirurxía ambulatoria".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O responsable de cirurxía do HULA, Pepe Conde, recoñeceu que se tiveron que “reprogramar” intervencións no hospital lucense debido ás circunstancias e ao contexto de pandemia, co fin de “tratar de non meter en quirófano a pacientes que poidan requirir unidades de reanimación”.

Conde, que recentemente foi elixido presidente da Sociedade Galega de Cirurxía, confesou que no servizo estanse “amoldando” a ese contexto, apostando por facer “máis cirurxía ambulatoria”. “Estamos reprogramando pero non demasiado”, insistiu, para explicar que traballan pensando en “deixar camas libres en reanimación polo que poida ocorrer”.

Conde concretou que se “reprogramaron” intervencións de cirurxía tumoral grave a pacientes “que poidan ter ou preverse unha complicación post operatoria nunha porcentaxe alta”, esperando a que pase este pico de contagios da terceira onda da COVID-19.

As operacións realizadas practícanse en pacientes de “vesículas, hernias, obesidade ou patoloxías de pescozo como poida ser tiroides”. “Son pacientes que cremos que non requiren unidades de reanimación e así procuramos ter esas unidades libres por si fai falta”, detallou.

En canto á súa elección en Galicia, Pepe Conde subliñou que “supón un recoñecemento, que a sociedade (Galega de Cirurxía) está viva”, e asegura que se vai a “envorcar” na “formación” de face aos máis novos “e aos non tan novos”. “É o máis importante e neste servizo sempre tentamos aprender, ata eu”, concluía.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...