InicioSociedadeArrinca a administración da segunda dose da vacina nas residencias da provincia

Arrinca a administración da segunda dose da vacina nas residencias da provincia

O xerente da área sanitaria estima que a principios de febreiro xa estarían inmunizados os usuarios e traballadores dos xeriátricos que tamén recibiran a primeira dose.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Este martes comezou na provincia de Lugo a administración da segunda dose da vacina contra a Covid-19. Foi na residencia da terceira idade de Burela foi, ao igual que ocorreu coa primeira parte da vacinación.

Mari Carmen Fernández Pérez, de 85 anos, foi a primeira vacinada na provincia de Lugo. Esta usuaria admitiu ao recibir a primeira dose o “mal” que o estaban a pasar usuarios e traballadores dos xeriátricos e amosouse agradecida “coa ciencia” pola rapidez á hora de atopar un antídoto para o coronavirus.

Nesta ocasión, preguntada ao respecto, Fernández referiuse aos infectados, para pedirlles que sexan “fortes” e “loiten”, porque coa vacina “a vitoria está ao alcance da man”.

EN DATOS

Segundo concreta o xerente da área sanitaria Lugo-A Mariña-Monforte do Servizo Galego de Saúde (Sergas), Ramón Ares, “seguindo a mesma cadencia, dos mesmos días, de fai tres semanas, comezamos en Burela. Está previsto que hoxe se vacinen 65 persoas e a partir de mañá imos seguir no resto das residencias da provincia. Uns 2.295 traballadores e usuarios dos xeriátricos recibirán a segunda dose ao longo desta semana“, precisa.

Ares expón que “esperamos ter rematado a principios de febreiro -entre os días 2 e 3- a administración completa aos case 7.000 traballadores e residentes que recibiron a primeira. Poderiamos xa ter daquela vacinada e inmunizada unha poboación de risco tan importante, que maiores padecementos e dificultades tiveron con esta pandemia”, conclúe.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

Desaloxados varios colexios en Lugo por ameaza de bomba

A Policía Nacional levou a cabo na mañá deste mércores desaloxos en colexios galegos...

Buscan en Suíza probas da falsa médica sobre a que pesa unha orde internacional de procura

O xulgado de instancia de Lugo, sección penal, praza 2, agarda resposta das autoridades...

Frustrado un roubo nunha nave industrial en Lugo e detido un dos implicados

Axentes da Policía Nacional de Lugo detiveron un home como presunto autor dunha tentativa...

Detidas en Lugo unha nai e a súa filla por unha suposta agresión mutua

A Policía Local de Lugo detivo unha muller e a súa filla como presuntas...