Home Terra Chá Guitiriz Guitiriz entrega máis de mil máscaras nos seus colexios e instituto

Guitiriz entrega máis de mil máscaras nos seus colexios e instituto

0
Guitiriz entrega máis de mil máscaras nos seus colexios e instituto
Un mozo coloca unha máscara para protexerse contra o coronavirus | ConSalud

O Concello de Guitiriz fixo entrega durante esta semana de 1.144 máscaras reutilizables para parte do alumnado do municipio, catro por cada neno. A partida orzamentaria para esta adquisición foi de 2.631,12 euros.

En concreto, o pasado mércores, 112 mozos e mozas do IES Poeta Díaz Castro foron os beneficiados, con catro máscaras por cada escolar. A Xunta, por outra banda, fixo entrega de material a 81 alumnos.

No CEIP Lagostelle, o grupo de goberno entregou o xoves máscaras a 152 colexiais (catro por alumno), mentres que a Xunta llas proporcionou a 90. Por último, mentres que a Xunta entregou máscaras a 20 alumnos no CEIP Santo Estevo de Parga, o equipo de goberno deullas este venres a 22 (catro para cada un).

+ posts