InicioSociedadeLugo volve achegarse aos mil casos activos de Covid

Lugo volve achegarse aos mil casos activos de Covid

Os hospitais da provincia atenden 35 pacientes diagnosticados de coronavirus, tres deles na UCI.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo sitúase de novo moi preto dos mil casos activos por coronavirus: hoxe son 992, 47 máis ca os contabilizados onte. O Servizo Galego de Saúde (Sergas) refire, así mesmo, que nas últimas 24 horas se confirmaron 75 novos positivos a través de PCR.

Nos hospitais apenas hai cambios, con 35 pacientes diagnosticados de coronavirus (+1). O HULA atende tres na UCI e 13 en planta; o da Mariña, 14; e o de Monforte, cinco.

Por outra banda, á última hora da tarde de onte o Sergas notificaba a segunda vítima mortal na residencia da Pastoriza en dous días. Polo tanto, a cifra de falecementos da pandemia na provincia elévase ata as 150. Ata o de agora curáronse 6.918 persoas e realizáronse 138.110 PCR (963 delas onte).

GALICIA, EN MÁXIMOS

Galicia detectou outros 1.000 novos casos de coronavirus nas últimas 24 horas, período no que a situación nos hospitais galegos empeorou substancialmente respecto da xornada previa ao sumar outros 50 hospitalizados e oito pacientes máis en UCI, co que a cifra global de ingresados con covid-19 queda ao bordo dos 600, 90 deles en UCI. Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

A UNED de Lugo finaliza o curso cun aumento do 13% na súa matrícula

O Centro Asociado da UNED en Lugo acolleu este xoves a reunión ordinaria da...

Creado un punto de atención en Portomarín para dar asistencia básica e curas aos peregrinos

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou a colaboración entre o seu departamento...

Condenan a 8 anos ao home que matou ao seu pai cun disparo na cabeza

C.V.V., un veciño de 49 anos, aceptou este mércores declararse culpable do asasinato con...