Home A Ulloa Comeza a vacinación dos traballadores sanitarios en Lugo

Comeza a vacinación dos traballadores sanitarios en Lugo

0
Comeza a vacinación dos traballadores sanitarios en Lugo
Un traballador do HULA recibe a primeira dose da vacina | LX

O Sergas inicia este mércores 13 de xaneiro a campaña de vacinación do persoal sanitario que traballa en primeira liña tanto no ámbito hospitalario como en Atención Primaria. Son, en total, uns 2.800 profesionais. Preténdese completar esta fase ao longo desta semana, para posteriormente ampliar a inmunización a outros traballadores.

No vídeo, un traballador do Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA) recibe a primeira dose da vacina.

A supervisora de Enfermaría do Servizo de Medicina Preventiva, Mar Castro Murias, valorou positivamente o inicio da vacinación no HULA, que tivo “unha grande aceptación” e “sen ningunha incidencia de momento”. Castro Murias recalcou a importancia da vacina para conseguir a “desexada inmunidade de grupo” coa que se protexerá o conxunto da sociedade.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here