InicioSociedadeLugo segue sumando casos activos de Covid-19, aínda que a menor ritmo

Lugo segue sumando casos activos de Covid-19, aínda que a menor ritmo

O Sergas contabiliza dous pacientes menos nos hospitais da provincia, que agora atenden 17 persoas diagnosticadas de coronavirus.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O total de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo sitúase hoxe en 626 (sete máis ca onte). Tamén seguen ascendendo os contaxios detectados, aínda que a un ritmo menor ca nos pasados días: nas últimas 24 horas confirmáronse 34 novos positivos a través de PCR fronte aos 63 de onte ou os 53 de antonte.

Nos hospitais, a situación mellora lixeiramente ao rexistrarse dous pacientes ingresados menos. Son agora 17 os doentes que están a ser atendidos nos centros hospitalarios da provincia, ningún deles nas unidades de críticos: cinco no HULA, dez na Mariña e dous en Monforte.

Por outra banda, o Sergas non informou de novos decesos relacionados coa pandemia en Lugo e contabiliza 145 falecidos ata o momento. A este número habería que sumarlle os tres usuarios de residencias nesta área sanitaria que faleceron tras ser trasladados a centros de Santiago ou Ourense.

Ata o de agora, en Lugo curáronse 6.728 persoas e realizáronse 131.040 PCR (535 no día de onte, xoves 7 de xaneiro).

+ posts

ÚLTIMAS

Xulgan un home acusado de agresión sexual á técnica da ONG que o acollía

O Xulgado do Penal número 1 de Lugo viu este martes o caso contra...

Violento altercado entre dous acusados por agresión sexual na Audiencia de Lugo

Dous mozos protagonizaron este martes na Audiencia Provincial de Lugo un altercado no xuízo...

A Xunta destina 27,3 millóns á construción de 152 vivendas de promoción pública en Lugo

O Goberno galego autorizou a licitación das obras de construción de 152 novas vivendas...

‘Coñece a túa Provincia’ leva a 130 persoas a cinco destinos diferentes de Lugo

  O programa da Deputación Coñece a túa provincia leva estes días a 130 veciños...