Home Lugo e contorna Xulgan un home acusado de agresión sexual á técnica da ONG que o acollía

Xulgan un home acusado de agresión sexual á técnica da ONG que o acollía

0
Xulgan un home acusado de agresión sexual á técnica da ONG que o acollía
Fachada do Xulgado do Penal número 1 de Lugo / EUROPA PRESS - Arquivo

O Xulgado do Penal número 1 de Lugo viu este martes o caso contra un home ao que se lle acusa de agresión sexual en dúas ocasións a unha técnica da ONG encargada do seu acollemento en Becerreá tras a súa chegada a España.

Os feitos dos que se lle acusa tiveron lugar en agosto de 2024, cando ambos estaban na piscina. A vítima asegura que el lle tocou as nádegas por baixo da auga sen o seu consentimento e que volveu facelo en setembro, cando ela o acompañaba ao centro de saúde.

Por iso, piden para el dous anos de prisión, así como unha orde de afastamento de 500 metros por dous anos e unha posterior liberdade vixiada de 3.

+ posts