InicioSociedadeA Xunta publica a licitación das obras no albergue de Palas de...

A Xunta publica a licitación das obras no albergue de Palas de Rei

Destinará 410.000 euros á mellora da accesibilidade e á redistribución do espazo de cara ao Xacobeo 2021.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta publica este martes na plataforma de contratos de Galicia a licitación das obras nos albergues de Palas de Rei e O Pino (A Coruña), así como no embarcadoiro dos Chancís, no concello de Sober. O Goberno galego destinará a tales actuacións un investimento de preto de 1,3 millóns de euros.

En concreto, no albergue de Palas, o investimento alcanza os 410.000 euros, destinados á redistribución das instalacións e tamén a melloras da súa accesibilidade. No albergue de Arca, no concello coruñés do Pino, investiranse preto de 700.000 euros na reordenación dos espazos, remodelación e diversas melloras na accesibilidade.

No marco do Plan de Albergues, ao que o Goberno galego destina 7 millóns de euros, ampliarase a rede pública con oito novos albergues, ao mesmo tempo que se fan as melloras necesarias nos 70 actuais para que estean nas mellores condicións para recibir aos peregrinos no Xacobeo 2021.

Con estas melloras preténdese dotar de máis albergues e prazas á rede pública para acoller aos peregrinos que fagan o Camiño, que contarán con todas as garantías a nivel hixiénico-sanitario fronte á covid-19.

EMBARCADOIRO DOS CHANCÍS

Por outra banda, no embarcadoiro dos Chancís, no concello de Sober, o proxecto consiste na creación dun novo acceso peonil adaptado para persoas con mobilidade reducida, así como o traslado da pasarela a outra zona co obxectivo de facilitar a entrada ás embarcacións utilizadas nos percorridos turísticos dos Canóns do Sil.

O Goberno galego destinará a esta actuación un investimento de máis de 194.000 euros, co obxectivo de mellorar o confort dos turistas que se acheguen a gozar deste recurso turístico da Ribeira Sacra.

ÚLTIMAS

Besteiro e Lara Méndez buscan fechar o vacío de poder no PSdeG de Lugo tras a marcha de Tomé

A dimisión do alcalde de Monforte, José Tomé, como presidente da Deputación de Lugo...

Catro axentes sacan a pulso un home que estaba en perigo na ponte de Carballedo

A Garda Civil informou dunha intervención humanitaria na presa de Os Peares, no termo...

Detido en Lugo por atracar dúas veces no mesmo día a un vendedor do ONCE

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Lugo detiveron a un home como presunto...

Declaración nos xulgados de Lugo dos oito detidos nas protestas en La Vuelta contra Israel

O oito lucenses detidos no Corgo polas protestas durante a celebración da Vuelta compareceron...