
O número de positivos novos diarios mantense en Galicia por entiba dos 400 por cuarta xornada consecutiva, mentres que tamén segue en aumento a presión hospitalaria, con nove ingresados máis dos que había hai 24 horas. Así se desprende dos datos publicados pola Consellería de Sanidade, con cifras ata as 18,00 horas do venres, que reflicten que ata ese momento detectáronse 412 casos de covid-19 en 24 horas, 29 menos que na xornada anterior.
Tamén continúa á alza o total de casos activos, pois se suman 56 máis este sábado, o que deixa o cómputo en 5.833. Ademais, Galicia rexistrou na última xornada a segunda taxa de positividade máis alta da segunda onda da pandemia cun 10,6% de casos de coronavirus detectados nas 4.429 probas PCR practicadas (2.508 menos que o día anterior). Nos hospitais soben a 354 os ingresados con diagnóstico covid-19, dos cales 57 atópanse en UCI (dous máis).
A área de Lugo contabiliza 16 pacientes covid-19 ingresados nos seus hospitais (un máis), dos cales dous están na unidade de críticos (sen cambios). En canto a positivos diarios Lugo rexistrou 39, sete máis.
CASOS ACTIVOS
En relación aos casos activos en Galicia –persoas que manteñen a infección por covid-19–, a cifra continúa incrementándose e sobe en 56 ata os 5.833. En Lugo mantéñense á alza os casos activos con 475 (12 máis.