InicioTerra CháMurasO temporal Bella deixa ventos de máis de 150 km/h no norte...

O temporal Bella deixa ventos de máis de 150 km/h no norte de Lugo

Ventos de máis de de 140 km/h en Muras e Viveiro e de 110 na Pontenova.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia empezou a notar os efectos da borrasca ‘Bella’ na tarde deste domingo con refachos de vento que superaron os 150 quilómetros por hora tanto en puntos da costa como no litoral, especialmente, na zona da Mariña, que permanece en alerta máxima por temporal marítimo.

O refacho máximo de vento rexistrada polos medidores de Meteogalicia alcanzouse no interior, en concreto, no alto do Xistral, en Muras, onde ás 18,40 horas deste domingo alcanzáronse os 153,9 quilómetros hora.

En Punta Candieira de Cedeira, outro dos puntos da xeografía galega que adoita rexistrar máximas de vento, chegouse aos 143,5 quilómetros horas ás 18,00 horas. Vinte minutos despois, en Penedo do Galo –Viveiro–, rexistrouse un refacho de 142,6 quilómetros hora, mentres que en Ortigueira e A Pontenova os ventos rozaron os 110 quilómetros hora tamén este domingo.

Please wait while you are redirected...or Click Here if you do not want to wait.
+ posts

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Vilalba someterase a unha cuestión de confianza en relación aos orzamentos 2026

A alcaldesa do municipio lucense de Vilalba, Marta Rouco (PSOE), someterase o xoves, día...

Falece Olga López Racamonde, edil socialista de Cohesión Social de Lugo

A concelleira de Cohesión Social de Lugo, Olga López Racamonde, faleceu este luns aos...

Detido un home por entrar ilegalmente na vivenda da súa irmá en Lugo

Axentes da Policía Local de Lugo detiveron a un home como presunto autor dun...

Arquivada a causa que investigou a alcaldesa de Guitiriz por cobro de dietas

A sección civil e de instrución do Tribunal de Instancia de Vilalba, praza 2,...