Home Sociedade A Deputación de Lugo realizará un cribado na residencia de Trabada tras os positivos detectados

A Deputación de Lugo realizará un cribado na residencia de Trabada tras os positivos detectados

0
A Deputación de Lugo realizará un cribado na residencia de Trabada tras os positivos detectados
Persoal da Residencia de maiores A Milagrosa sae do xeriátrico tras realizar un cribado / EP

A Deputación de Lugo comunicou este venres que realizará entre mañá sábado e o vindeiro domingo un total de 54 probas PCR -27 a residentes e 27 a traballadores- no centro de maiores de Trabada, despois de que se detectase un caso entre os usuarios.

O goberno provincial valora a posibilidade de que se trate dun “falso positivo“, expón nun comunicado, e concreta que tanto a persoa infectada como os traballadores do centro que tiveron contacto con ela permanecen illados desde o pasado día 24, cando se coñeceu o caso.

A Deputación critica que a Xunta de Galicia comunicase que “non realizará probas PCR á toda a comunidade do centro de maiores ata o vindeiro martes, 29 de decembro, co cal pasarían cinco días desde a detección do caso positivo, polo que esta dilatación no tempo supón un risco tratándose dun colectivo tan vulnerable fronte a esta pandemia“. Máis información en Xornal da Mariña.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here