InicioSociedadeDenuncian "colapso" na oficina agraria de Castroverde por falta de persoal

Denuncian “colapso” na oficina agraria de Castroverde por falta de persoal

O sindicato Unións Agrarias lamenta que a atención dunhas 500 explotacións queda en mans dun único administrativo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O sindicato Unións Agrarias demanda unha maior dotación de persoal administrativo na oficina agraria comarcal de Castroverde que, segundo afirman, leva dende marzo sen técnico fixo. A situación provoca “constantes queixas” entre os agricultores e gandeiros, afectados polo “colapso”, os atrasos na atención e na tramitación de expedientes

Segundo a organización sindical, ata hai un mes a oficina de Castroverde estaba atendida unicamente os mércores por un técnico que se desprazaba desde Lugo, “pero agora xa nin iso”, critican. Refiren un único traballador administrativo, “o que supón que cando este colle vacacións, as persoas que precisan rexistrar un escrito non poden facelo ata que estea de volta”.

Esta oficina comarcal atende tamén os produtores do concello de Baleira, unha zona que suma máis de 500 explotacións e que se sitúa á cabeza de Galicia en producións gandeiras. Este “motor económico” atópase cun “atranco grave” ante a deficiencia na atención da oficina: complícanse os trámites de subvencións, inspeccións e visitas técnicas, certificacións, servizos de asesoría…  “É así como a Xunta de Galicia apoia o noso rural?”, pregúntanse.

Ademais, o sindicato afea que a Xunta de Galicia anunciara o reforzamento das oficinas agrarias durante a presentación do Plan Lácteo. “A realidade indica todo o contrario”, conclúe.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...