InicioSociedadeNova repunta de casos na área de Lugo, onde hai 24 pacientes...

Nova repunta de casos na área de Lugo, onde hai 24 pacientes ingresados

Nas últimas 24 horas confirmáronse 34 novos casos logo de que onte se comunicaran só unha decena deles.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O total de casos activos por coronavirus na área sanitaria de Lugo segue descendendo, ao rexistrarse este mércores 16 de decembro 462 pacientes con infección activa (oito menos ca onte). Porén, segundo o reconto ofrecido polo Sergas diariamente, repuntan os contaxios. En Lugo confirmáronse 34 novos casos de Covid-19 a través de PCR nas últimas 24 horas.

En canto ás hospitalizacións, apenas hai cambios: son 24, fronte ás 26 de onte. Deles, seis pacientes seguen na UCI do HULA. Os outros están a ser atendidos en planta, distribuídos da seguinte maneira: once no HULA, tres no Hospital da Mariña e catro en Monforte.

Ademais, a provincia xa alcanzou os 140 falecidos oficiais dende o inicio da pandemia. No día de onte non se comunicou ningún deceso na área sanitaria.

Pola contra, 41 persoas recibiron a alta médica nesta última xornada, de forma que xa hai 6.082 pacientes curados. Ata o momento fixéronse 114.614 PCR (804 onte).

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...

Alugueres “alcanzables” en Lugo e penalización a propietarios con vivenda baleira

Lugo contará cun ambicioso Plan Municipal de Vivenda, unha folla de ruta que busca...