Home Terra Chá Guitiriz O Goberno licita a explotación das áreas de servizo de Guitiriz na A-6

O Goberno licita a explotación das áreas de servizo de Guitiriz na A-6

0
O Goberno licita a explotación das áreas de servizo de Guitiriz na A-6
Autovía / Imaxe de arquivo

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (Mitma) licitou un contrato de concesión de servizos para a explotación da área de servizo de Guitiriz, situada a ambos lados da A-6 á altura do quilómetro 538.

A modalidade de contrato será a concesión de servizos por un prazo de cinco anos, co obxecto da conservación e explotación das instalacións existentes xunto coa execución de reformas e melloras que propoñan as adxudicatarias nas ofertas.  O valor estimado do contrato é de 10.718.864,74 euros.

Valoraranse propostas que inclúan melloras mediante puntos de carga de vehículos eléctricos ou outras fontes de enerxía alternativas ou servizos tecnolóxicos, de forma que se contribúa aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible

A explotación das áreas de servizo devindicará o correspondente pago dun canon anual a favor do Estado, non inferior a 189.436,50 euros.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here