InicioSociedadeLanzan unha campaña para agasallar hostalaría lucense polo Nadal

Lanzan unha campaña para agasallar hostalaría lucense polo Nadal

Os interesados poderán mercar tickets canxeables por consumicións, aloxamentos ou experiencias gastronómicas, entre outras. Esta iniciativa da Apehl pretende axudar a superar unha etapa difícil para o sector.

PUBLICADA O

- Advertisement -

EFE | A Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) deseñou a “campaña Regálal…E Regálat…E”, coa que pretende “incentivar a venda de experiencias gastronómicas e turísticas como agasallo para este nadal”.

O presidente da asociación, Cheché Real, afirmou que a Apehl segue “traballando por e para o sector co fin de superar esta etapa tan difícil para os negocios de hostalería e turismo da provincia”. Así, esta iniciativa ofrece aos clientes “a posibilidade de comprar gastronomía, consumicións, estancias en hoteis, turismo rural e experiencias turísticas nos establecementos que participen”.

“É un bo atractivo para clientes particulares e tamén unha boa idea para empresas, que poden substituir os seus obsequios do Nadal por este tipo de agasallos para os seus traballadores”, afirma Real.

Os locais adheridos á campaña terán un cartel identificativo como establecemento participante e dispoñerán uns tickets agasallo que se encherán en función da compra dos seus clientes. A lista dos establecementos participantes pódese consultar na web da asociación e a campaña desenvolverase do 18 de decembro ao 10 de xaneiro. “Este nadal imos regalar…E para comer, Lugo”, destaca Cheché Real.

+ posts

ÚLTIMAS

Terra Nova abrirá o San Froilán cun DJ sinfónico e estreará a súa primeira ópera en 2027

A Xove Orquestra de Lugo Terra Nova afrontará a tempada 2026-2027 cun programa que...

Candia anuncia que duplicará as axudas para proxectos de entidades sociais

O Concello de Lugo incrementará de xeito significativo o seu apoio económico ás entidades...

Hospitalizados no HULA cinco nenos por chupar e tocar pílulas que podería ser éxtase

Cinco menores de sete anos tiveron que ser trasladados ao Hospital Universitario Lucus Augusti...

O PP reclama un plan de choque para “frear a sangría” de autónomos na provincia de Lugo

Os senadores do PP de Lugo defenderán este mércores no Senado unha iniciativa para...