InicioSociedadeLugo suma outras dúas vítimas mortais da pandemia

Lugo suma outras dúas vítimas mortais da pandemia

Trátase dunha muller de 93 anos e un home de 69, usuario do Asilo de Vilalba. Ambos os dous finaron no HULA.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A área sanitaria de Lugo suma outras dúas vítimas mortais da pandemia ao falecer unha muller de 93 anos e un home de 69 no Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA). O varón era usuario da residencia de Vilalba. 

Así o vén de comunicar o Servizo Galego de Saúde (Sergas), que no seu balance xa anota 139 falecementos en Lugo.

Na actualización diaria, o Sergas informa doutras catro mortes no resto de Galicia. Trátase de dúas octoxenarias que finaron no Chop e no Chus, respectivamente,  e outras dúas mulleres nonaxenarias que morreron na residencia Vila do Conde de Gondomar.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación adxudica por 2,5M€ un novo sistema informático que modernizará a xestión tributaria

  A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

Obras de pavimentación arredor da Intermodal en horario nocturno

O Concello de Lugo informa de que durante as noites do 15, 16 e...

Miguel Fernández acusa a Candia de poñer en risco proxectos estratéxicos para Lugo

O portavoz socialista traslada aos veciños e veciñas que non permitirá que a parálise...

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia esta fin de semana en Lugo

O Concello de Lugo ten xa preparado o programa de actos da tradicional Ofrenda...