InicioSociedadeOs hostaleiros confían en que a Xunta suavice as restricións en Lugo...

Os hostaleiros confían en que a Xunta suavice as restricións en Lugo e Vilalba

Cheché Real cre que as probas PCR entre o persoal dos establecementos poden "xerar confianza" de cara á clientela.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría de Lugo, Cheché Real, mostrou a súa confianza en que o comité de expertos da Xunta suavice nos próximos días as restricións en Lugo e Vilalba, que se atopan nestes momentos no grao máximo de prohibicións.

Este mércores, Real cre que a evolución da pandemia en Lugo e Vilalba é positiva e que isto podería supor unha relaxación das restricións. “Penso que imos polo bo camiño porque os contaxios están a baixar”, sinalou o empresario antes de puntualizar que, no entanto, a decisión de “pasar á seguinte fase” corresponde ao comité clínico.

En canto ao “cribado” no sector que expón a Xunta de Galicia, o empresario lucense destacou que estas probas “non” son obrigatorias, aínda que considera que a súa realización pode “xerar máis confianza” entre a cidadanía á hora de acudir aos establecementos de hostalaría.

“Penso que é moi importante trasladarlle á clientela que eu como empresario, e os meus colaboradores, non temos ningún tipo de contaxio”, sinalou antes de apuntar que é ao Sergas a quen corresponde dar luz verde para o inicio das probas, algo que espera que se produza xa esta semana.

“Será o Sergas o que inicie o tema e logo a ver como se fai, se por medio das asociacións ou o Sergas chamando directamente aos establecementos. Non sabemos aínda, eu creo que nesta semana se vai aclarar rapidamente”, concluíu Cheché Real.

+ posts

ÚLTIMAS

A Deputación de Lugo eleva o seu orzamento para 2027 ata os 155 millóns, case un 15 % máis que este ano

A Deputación de Lugo contará en 2027 cun orzamento de 155.241.120 euros, o máis...

Pontón e Rodil inician a campaña en Lugo pedindo “salarios e pensións dignos para poder chegar a fin de mes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, elixiu Lugo para iniciar a campaña electoral...

Besteiro critica os “millóns dilapidados” por Feijóo en Lugo en “proxectos fracasados”, como o de Rozas

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, asegurou que a historia recente...

Un xulgado de Lugo exime preventivamente a un otorrino de 60 anos de facer gardas médicas por razón da súa idade

O xulgado de instancia de Lugo, praza 1 da sección do contencioso-administrativo, acordou eximir...