InicioSociedadeA Deputación de Lugo desprega 12 equipos para despexar de xeo e...

A Deputación de Lugo desprega 12 equipos para despexar de xeo e neve 20 estradas da provincia

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Deputación de Lugo despregou desde primeira hora deste martes un dispositivo formado por 24 operarios e 12 equipos, nos que se inclúen máquinas quitaneve e vehículos todoterreo, para despexar unha vintena de estradas da provincia afectadas as nevadas desta noite.

Segundo informou a institución provincial nun comunicado, trabállase en despexar a neve e retirar as árbores caídas en estradas da Montaña Lucense, nos concellos de Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, A Fonsagrada e Navia de Suarna, principalmente, así como na zona sur da provincia, nas localidades de Samos, Quiroga e O Incio.

A Deputación apuntou, ademais, que os 12 silos de sal da Deputación, que dispoñen de 35 toneladas cada un -un total de 420 toneladas–, están a utilizarse para desfacer as placas de xeo do pavimento e “favorecer así a seguridade dos usuarios e usarías delas vías”.

+ posts

ÚLTIMAS

O Concello de Lugo reúne a comisión mixta sobre o saneamento da rúa Fermín Rivera

O goberno local quere coñecer en que punto se atopa o proxecto de saneamento...

29N Francisco Conde encabeza a candidatura do PP lucense co obxectivo de traballar “pegados ao territorio”

O Partido Popular de Lugo presentou este venres aos homes e mulleres que integran...

Encontro na Deputación sobre a desinformación e a IA

  O Pazo de San Marcos acolleu este venres un encontro aberto á cidadanía para...

Formación de 1.100 empregados da Deputación e medio cento de concellos

  A Deputación entregou os diplomas aos empregados públicos que participaron nas accións formativas desenvolvidas...