InicioSociedadeAcusacións entre Xunta e Goberno polos atrasos na apertura do novo xulgado...

Acusacións entre Xunta e Goberno polos atrasos na apertura do novo xulgado do social de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Xunta asegurou que xa trasladou o 9 de novembro ao Ministerio de Xustiza que se fixaba a posta en marcha do novo xulgado do social de Lugo no primeiro trimestre de 2021 polo que criticou que, no decreto do Goberno publicado case un mes despois –o 1 de decembro–, non se concretase a data para a apertura das novas salas xudiciais galegas nin doutros 14 xulgados en todo o Estado.

Así o asegurou a Vicepresidencia primeira nun comunicado remitido este sábado aos medios e despois de que na xornada do venres a subdelegada do Goberno na provincia, Isabel Rodríguez, sinalase que o cuarto xulgado do social de Lugo entrará en funcionamento “cando dispoña dos medios que lle debe proporcionar a Xunta“.

“Ao non fixarse unha data no Real Decreto”, a Administración autonómica lembra que para que poida botar a andar o novo xulgado é necesario que o Goberno central publique unha orde ministerial na que fixe a data de entrada en funcionamento, un prazo no que estarán dotados de medios materiais e de persoal auxiliar de competencia do Goberno galego”.

Deste xeito, a Xunta sinalou que “cumprirá co seu compromiso de crear e manter todos os órganos xudiciais que se aproben para a Comunidade, como é o caso da dotación do persoal, mobiliario e equipos informáticos do tres xulgados do social –o número catro de Lugo, o número sete da Coruña e o número sete de Vigo–, solicitados de forma conxunta pola Administración autonómica e o TSXG.

ÚLTIMAS

Volve a neve en plena primavera á provincia de Lugo este sábado

Varios puntos da provincia de Lugo rexistran nevadas na mañá deste sábado de finais...

O BNG propón destinar os 250 millóns de Altri a un plan para revitalizar as comarcas da Ulloa, Ulla e Arousa

A líder do BNG, Ana Pontón, propón que "os 250 millóns de euros que o...

Altri reúnese coa Asociación Agraria de Galicia e reivindica a sustentabilidade ambiental do seu proxecto

Membros do equipo directivo de Greenfiber (Altri), a compañía que proxecta unha fábrica de...

Rouban a anciáns en Palas de Rei mediante o método do abrazo cariñoso

A Garda Civil de Lugo alertou dun delito de furto co método do abrazo cariñoso tras o roubo...