Home Sociedade A provincia de Lugo é a única con aumento de casos activos da Covid de Galicia

A provincia de Lugo é a única con aumento de casos activos da Covid de Galicia

0
A provincia de Lugo é a única con aumento de casos activos da Covid de Galicia
Un traballador sanitario nunha ambulancia / Carlos Castro - Europa Press

O número de persoas con covid-19 ingresadas en hospitais de Galicia volveu a descender ata situarse en 409, cinco menos que 24 horas atrás e 88 menos que hai unha semana. Tamén manteñen a súa tendencia á baixa os ingresados en UCI, que son agora 62, tres menos que na xornada anterior e 31 menos que fai sete días, o que supón unha caída dun terzo. Tamén baixan os casos cativos pero realizáronse un milleiro de PCR menos.

Con todo a única área sanitaria que experimentou un ascenso, aínda que mínimo, é a de Lugo-A Mariña-Monforte, con 32 novas infeccións (+1). Así se desprende da actualización dos datos de presión hospitalaria publicada na mañá deste venres.

En canto a hospitalizacións, a área de Lugo-A Mariña-Monforte é a que ten menos casos de COVID nos hospitais, cun total de 28, dous menos que 24 horas atrás. Deles, hai 2 pacientes en UCI (sen cambios) e outros 26 en planta.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here