InicioSociedadeLugo rexistra dez veces máis desafiuzamentos ca denuncias por ocupación ilegal

Lugo rexistra dez veces máis desafiuzamentos ca denuncias por ocupación ilegal

No que levamos de 2020, os xulgados da provincia recibiron oito casos de ocupación, a metade ca no mesmo período do ano anterior. No entanto, este ano practicáronse 78 lanzamentos. A diferenza entre unhas e outras cifras derruba a alarma social creada arredor dos 'okupas'.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os rexistros oficiais desmontan a alarma creada arredor da ocupación ilegal en Lugo. Fronte a declaracións que botaban leña contra o suposto problema da ‘okupación’ na cidade, as estatísticas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia amosan que a realidade é outra. Fican cuestionadas, polo tanto, actuacións coma a da empresa lucense que ofrece servizos de desaloxo ou outras da Xunta de Galicia, que considerou necesario poñer en marcha un teléfono ‘antiocupación’ para resolver unha problemática supostamente “crecente”.

A información que manexa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia non avala esa cortina de fume e pon de relevo que a problemática da vivenda en Lugo é outra moi distinta á da ocupación: no que vai de ano, os desafiuzamentos case multiplican por dez as denuncias interpostas por presenza de ‘okupas’.

Entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro, os xulgados da provincia ingresaron oito denuncias por ocupación ilegal, fronte ás 16 do mesmo período do 2019, o que supón un descenso do 50% en termos interanuais. No terceiro trimestre deste 2020 tan só houbo unha denuncia deste tipo en Lugo en casos en que os propietarios son persoas físicas, entidades sen ánimo de lucro ou entidades públicas posuidoras de vivenda social.

Pola contra, as cifras de desafiuzamentos son bastante máis elevadas. Entre xullo e setembro houbo 28 lanzamentos, dos cales 26 foron consecuencia de procedementos derivados da Lei de arrendamentos urbanos (LAU); é dicir, por falta de pagamento do alugueiro. Se tomamos como referencia o período abranguido entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro, en Lugo practicáronse 78 lanzamentos de vivendas alugadas ou hipotecadas (9’75 veces máis ca denuncias por ‘okupas’).

+ posts

ÚLTIMAS

Encontran restos humanos preto da vivenda dun home desaparecido en 2022 no Concello de Carballedo

Un grupo de traballadores forestais localizou o xoves restos humanos nunha zona de monte...

Prisión para un home acusado de roubar whisky nun supermercado de Lugo e morder un vixiante de seguridade

A Policía Nacional de Lugo detivo un home de 27 anos acusado de roubar...

A Deputación dá luz verde para a reconstrución da ponte de Navia de Suarna

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo deu este venres luz verde á...

O PPdeG apoia a candidatura de Elena Candia para a alcaldía de Lugo en 2027

O PPdeG subliñou este xoves o apoio á candidatura de Elena Candia para a...