InicioSociedadeO belén de Momán adáptase á pandemia e esíxelles PCR aos Reis...

O belén de Momán adáptase á pandemia e esíxelles PCR aos Reis Magos

O párroco Luis Rodríguez Patiño instalou un Nacemento no que as figuras deberán manter a distancia de seguridade e respectar o toque de queda.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Xa ninguén se sorprende ao coñecer as novidades que introduce cada ano o belén de Momán (Xermade). Desta volta, a reivindicativa representación do Nacemento inclúe  un detallado protocolo anti-covid e un cárcere para os corruptos.

Así, a capela de San Antón de Momán exporá este Nadal un belén moi adaptado a estes tempos de pandemia. O párroco, Luis Ángel Rodríguez Patiño, explica que este ano só haberá seis nenos pastores e “deberán manter unha distancia de seguridade”. Ademais, “se se instala unha taberna, pecharase a partir das dez da noite”, de acordo ao toque de queda imposto polo Goberno.

Do mesmo xeito, a participación no Belén queda restrinxida para todo o persoal non esencial (“o carro, as lavandeiras, o panadeiro, os romanos de Herodes…) e en ningún caso se poderá superar o 50% da capacidade, sinala Rodríguez Patiño. Iso si, “as ovellas pequenas, os porcos, as cabras e os patos non contan“, precisa.

O cura decidiu que San Xosé, a Virxe e o Neno poden estar xuntos no pesebre, xa que son convivintes, pero colocarase un cordón de seguridade a dous metros do berce. As restricións tamén afectan aos Magos de Oriente, que “terán que vir antes para pasar a corentena” e “facer unha PCR”. “Os camelos quedarán na última cidade confinada pola que pasen”, engade.

Ademais, tampouco está permitida a presenza do anxo “no caso de que aletee e teña un efecto aerosol”, por se acaso iso puidese propagar o virus.

O Belén de Momán fai referencia á pandemia | LX
+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...