Home Lugo e contorna Guntín A residencia de Guntín suma outros catorce usuarios contaxiados

A residencia de Guntín suma outros catorce usuarios contaxiados

0
A residencia de Guntín suma outros catorce usuarios contaxiados
A residencia San Salvador, en Guntín | Páxinas Galegas

O gromo da residencia de maiores San Salvador, en Guntín, vai a máis. Segundo os datos achegados por Política Social, este centro suma outros catorce usuarios contaxiados, que fan un total de 22 maiores diagnosticados de coronavirus.

De feito, no que levamos de semana xa finaron dúas persoas que procedían desta residencia: unha muller de 94 anos que faleceu no HULA e un home de 79 que morreu na residencia integrada en Santiago de Compostela.

As mesmas fontes confirman a alta de dúas persoas empregadas nesta residencia que tamén deran positivo en Covid-19.

ASILO DE VILALBA

Do mesmo xeito, Política Social tamén segue con especial atención o gromo da residencia-asilo de Vilalba, o centro de maiores con máis usuarios afectados de Galicia (117). Segue intervido pola Xunta logo de que se detectaran 132 positivos.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here