Un menor corría descalzo por unha rúa de Lugo tras unha suposta agresión da súa nai

A Policía Nacional viu o rapaz na Avenida da República Arxentina e, ao escoitar as súas explicacións, os axentes acudiron ao domicilio familiar. A proxenitora, de 38 anos, foi detida e pasará este luns a disposición xudicial.

Policía Nacional.

EFE | Axentes do Corpo Nacional de Policía detiveron unha veciña de Lugo por un suposto caso de violencia doméstica, despois de que unha patrulla vise como o seu fillo corría descalzo pola rúa tras marchar da casa ao ser agredido pola súa nai.

Os feitos sucederon o pasado domingo pola tarde. Unha patrulla de Seguridade Cidadá realizaba labores de vixilancia na Avenida da República Arxentina, onde os axentes viron o menor, que corría descalzo pola rúa.

Despois de falar con el, presentáronse no domicilio familiar para escoitar as explicacións da nai, de 38 anos de idade, que foi detida e trasladada á Comisaría provincial para pasar hoxe, luns, a disposición xudicial.

Pola súa parte, o menor foi trasladado para ser sometido a unha avaliación médica, que determinou o carácter leve das súas lesións. Posteriormente, quedou ao coidado dunha tía.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here