InicioSociedadeA residencia de Guntín suma outros catorce usuarios contaxiados

A residencia de Guntín suma outros catorce usuarios contaxiados

Xa son 22 os maiores que deron positivo neste centro. Dous deles morreron esta semana no HULA e en Santiago, respectivamente.

PUBLICADA O

- Advertisement -

O gromo da residencia de maiores San Salvador, en Guntín, vai a máis. Segundo os datos achegados por Política Social, este centro suma outros catorce usuarios contaxiados, que fan un total de 22 maiores diagnosticados de coronavirus.

De feito, no que levamos de semana xa finaron dúas persoas que procedían desta residencia: unha muller de 94 anos que faleceu no HULA e un home de 79 que morreu na residencia integrada en Santiago de Compostela.

As mesmas fontes confirman a alta de dúas persoas empregadas nesta residencia que tamén deran positivo en Covid-19.

ASILO DE VILALBA

Do mesmo xeito, Política Social tamén segue con especial atención o gromo da residencia-asilo de Vilalba, o centro de maiores con máis usuarios afectados de Galicia (117). Segue intervido pola Xunta logo de que se detectaran 132 positivos.

Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

A moción de censura de Lugo irrompe no Parlamento galego

A moción de censura impulsada polo PP en Lugo, que se debaterá o vindeiro...

Polémica en Lugo polo presunto uso irregular de fondos de Turismo

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, acusou á dirixente provincial do PPdeG...

Rescatadas nove vacas tras caer por un precipicio en Taboada

O rescate dun grupo de vacas precipitadas nun desnivel na contorna do río Miño,...

PSdeG e BNG denuncian os pactos escuros do PP que acusa a socialistas e nacionalistas de “cruzar unha liña vermella”

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, referiuse este venres aos incidentes...