InicioSociedadeA incidencia de Vilalba, unha das máis altas de Galicia no relativo...

A incidencia de Vilalba, unha das máis altas de Galicia no relativo aos últimos 14 días

Chantada e Sarria seguen baixo vixilancia especial, pendentes de se se aplican novas medidas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Nos últimos 14 días confirmáronse 179 positivos no municipio de Vilalba, que presenta unha incidencia de  1.272 casos por 100.000 habitantes. É un dos peores datos entre os concellos galegos e implicou que entrara na lista de zonas con restricións de nivel 3.

Sen hostalaría e con peche perimetral: así permanece Vilalba dende o sábado debido á evolución da pandemia neste termo municipal, en cuxa residencia de maiores foi detectado un gromo que superaba por moito o centenar de casos positivos.

CHANTADA E SARRIA, EN VIXILANCIA

O comité clínico que asesora a Consellería de Sanidade observa con especial atención os datos dos concellos lugueses de Sarria e Chantada. Se ben o primeiro deles presenta unha incidencia de 285,1 casos por 100.000 habitantes, en Chantada supérase a incidencia acumulada en España (que ronda os 400 casos por 100.000 habitantes).

Alí, nos últimos 14 días detectáronse 38 positivos pero, logo de pór en relación este dato co tamaño da poboación, isto tradúcese nunha incidencia de 463,9 por 100.000 persoas. Podes ler a información completa no Galicia Confidencial.

ÚLTIMAS

Atraco a punta de pistola na Caixa Rural de Cervantes

Un home armado cunha pistola atracou á primeira hora deste venres a sucursal do...

Detido un home en Lugo por presunta agresión á súa nai

A Policía de Lugo detivo este xoves a un home, residente da rúa Tino...

A causa contra o loteiro de Lugo investigado por falsear un atraco, sen caso

A Fiscalía pediu o sobresemento provisional da causa aberta ao loteiro de Lugo acusado de simular...

Avogados piden unha xustiza máis próxima para as mulleres vítimas de violencia de xénero

Máis de 150 profesionais do ámbito xurídico e da igualdade déronse cita en Lugo...