InicioPolíticaO PP Provincial critica a "falta de vontade" de Renfe para solucionar...

O PP Provincial critica a “falta de vontade” de Renfe para solucionar os problemas de frecuencias entre Lugo e Madrid

O voceiro provincial, Antonio Ameijide, denuncia que “transcorridas 24 horas dende que denunciamos a perda dunha nova conexión con Madrid, en Renfe atoparon tempo para argumentar un suposto ‘fallo informático’ e facer unha nota de prensa"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O voceiro do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, lamenta a “falta de vontade real” de Renfe e do Goberno de Pedro Sánchez por solucionar os problemas de frecuencias entre Lugo e Madrid, ademais de outras conexións, e a ausencia de alta velocidade ferroviaria na provincia.

Antonio Ameijide denuncia que “transcorridas 24 horas dende que denunciamos a perda dunha nova conexión con Madrid, en Renfe atoparon tempo para argumentar un suposto ‘fallo informático’ e facer unha nota de prensa, pero non houbo tempo para corrixilo: a páxina web de venda de billetes segue a amosar hoxe un servizo menos a partir de maio e os mesmos horarios restritivos denunciados onte”.

O voceiro provincial do PP criticou que a resposta oficial sexa unha escusa técnica mentres a realidade para os lucenses é a perda dunha frecuencia con Madrid. “Renfe tivo tempo de pensar unha resposta e facer unha nota de prensa, pero non se lles ocorreu empregar ese tempo en corrixir o suposto erro na web”, sinalou.

Deste xeito, a partir de maio, a última conexión directa dende Madrid cara a Lugo segue fixada ás 16:05 horas, tras eliminarse a das 17:10 horas. Esta situación provoca un escenario “totalmente inviable” para a competitividade da provincia.

Co adianto do último tren de volta ás 16:05 horas, calquera lucense non disporía nin de dúas horas para realizar algunha xestión na capital de España. “Podemos chegar, comer un bocadillo e xa volver”, lamentou.

O popular lembra que esta perda de conectividade ocorre “a pesar dos constantes anuncios do alcalde” tras reunirse con Adif. “Non nos cremos as escusas, non nos cremos nada do que digan nin o Partido Socialista nin Renfe, porque a realidade é que levan anos quitándonos todos os servizos e deixándonos illados”, criticou.

Antonio Ameijide denuncia que esta degradación do servizo evidencia a “falta de liderado e de palabra do PSOE, contando sempre coa complicidade do BNG, socio de goberno no Concello de Lugo, na Deputación e en Madrid”.

Unha realidade que non afecta unicamente aos lucenses, xa que calquera persoa que queira visitar Lugo dende Madrid tamén ten numerosos problemas para chegar á cidade e poder visitala. “Está claro que o PSOE é un lastre para Lugo e os lucenses, para as nosas empresas e a nosa economía. Mentres outras cidades medran grazas á alta velocidade e ven como aumentas as iniciativas empresarias que se asentan nesas localidades, o PSOE empéñase en deixar a Lugo atrás, queren que perdamos o tren”.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...