InicioMedioambiente e PatrimonioO claustro do Museo Provincial acollerá as xornadas sobre patrimonio arqueolóxico lucense

O claustro do Museo Provincial acollerá as xornadas sobre patrimonio arqueolóxico lucense

A cita será os días 10 e 11 de abril

PUBLICADA O

- Advertisement -

As IX Xornadas de Divulgación Científica do Patrimonio Arqueolóxico Lucense centraranse no Claustro do Museo Provincial de Lugo, catalagado como Ben de Interese Cultural.

A deputada de Cultura Iria Castro, o vicepresidente da Deputación de Lugo Efrén Castro, a directora do Museo Provincial Aurelia Balseiro, a responsable de Arqueoloxía do Museo Ofelia Carnero e a xerente da Rede Museística Encarna Lago presentaron esta mañá o programa das xornadas, que se celebrarán do 10 ao 11 de abril.

As xornadas concíbense como un espazo de reflexión, debate e intercambio para analizar a historia do claustro e das coleccións arqueolóxicas que alberga, un total de 205 pezas  – fundamentalmente capiteis, pezas de heráldica, escultura devocional – datadas entre os séculos I e XIX.

“A memoria da pedra” é o epigrafe que da título ás xornadas, que teñen como fío condutor a pedra, material que garda a memoria dos canteiros e artistas artífices tanto da construción do claustro como dos bens culturais que se expoñen alí.

O programa, que pode ser presencial ou en liña, está dirixido á comunidade científica pero tamén a todos os interesados no tema, estudantes, afeccionados, traballadores de museos, coleccionistas, docentes ou guías turísticos.  A participación nas xornadas require inscrición a través do formulario dispoñible na web da Rede Musetícia Provincial e no seguinte enlace: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeX-qk_OC6VUrcPQg0EdpJDW9AHExl5uOsDMWsfb9X5O-ocBQ/viewform?usp=header

O prazo de inscrición está aberto desde hoxe ata o 9 de abril.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...