InicioSociedadeO Concello de Lugo aproba as bases da vindeira convocatoria de axudas...

O Concello de Lugo aproba as bases da vindeira convocatoria de axudas ao alugueiro

O goberno local insta á Xunta á creación de vivendas de carácter público para cubrir unha demanda que se incrementou coa chegada da pandemia.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A xunta de goberno local do Concello de Lugo aprobou este mércores as bases da vindeira convocatoria das subvencións ao alugueiro, que presenta unha serie de modificacións para “incrementar a protección dos colectivos máis vulnerables”.

Así o explicaron a alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e a concelleira de Benestar Social, Olga López Racamonde, nunha rolda de prensa telemática. A convocatoria daralle prioridade ás vítimas de violencia de xénero, ás familias que teñen ao seu cargo descendentes ata os 25 anos ou persoas cun grao de discapacidade superior ao 65% e, en terceiro lugar, ás unidades de convivencia que estean compostas exclusivamente por mozos de menos de 35 anos. Poderán entrar na bolsa os alugueiros que teñan un importe máximo de 380 euros.

MÁIS NECESIDADE ANTE A PANDEMIA

Lara Méndez destacou que “nunca como agora foi tan importante salvagardar un ben tan prezado para a nosa saúde como é un fogar”. A crise sanitaria non fixo máis ca engrosar a listaxe de demandantes de vivendas públicas, que actualmente supera o milleiro de persoas. “Algunhas familias víronse nunha situación de necesidade na que antes non se viran” e, por iso, din, o Concello fixo o esforzo de incrementar as axudas á vivenda.

Así pois, de acordo aos datos ofrecidos polo goberno local, o Concello habilitou 600.000 € para subvencións de alugueiro no 2020 e dende a Emerxencia Social contribuíuse con 150.000 € máis para sufragar outros gastos derivados do seu mantemento.

LANZAN UNHA MENSAXE Á XUNTA

Con todo, Méndez entende que estas medidas non palian a problemática de base na cidade de Lugo: a ausencia de vivenda pública. Lugo leva máis dunha década sen creación de nova vivenda pública. A alcaldesa insta á Xunta de Galicia a que “actúe segundo as súas competencias” e “que atenda esa demanda social”.

A rexedora lembrou tamén que a Xunta dispón de terreos ao efecto tanto en Garabolos como ao carón do novo Auditorio nos que, dende hai anos, se comprometeu a promover vivenda protexida sen que esta se materializara. “Nos propios orzamentos autonómicos para 2020 incluíase unha partida de medio millón de euros para este concepto da que, a 4 de novembro, nada sabemos.”

ÚLTIMAS

Aviso amarelo por treboadas localmente fortes en toda a provincia este martes

Unha borrasca no oeste deixou choivas xeneralizadas nas horas centrais deste luns, con intensidade puntualmente...

Interceptados dous xinetes que circulaban borrachos dacabalo por zona peonil no Arde Lucus

A Policía Local de Lugo notificou ao longo do fin de semana, cando se intensificaron os...

(Vídeo) O circo romano fixo vibrar ao Arde Lucus

Como cada ano, un dos momentos máis agardados da festa do Arde Lucus é o...

Coñece navegando o corazón da Ribeira Sacra

Os canóns do Sil son un dos monumentos naturais máis impresiontantes de Galicia. Son...