InicioSociedadeDenunciado un hostaleiro da cidade por mal uso da máscara e por...

Denunciado un hostaleiro da cidade por mal uso da máscara e por permitir o consumo en barra

O responsable do bar falaba cos clientes "a escasos centímetros".

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou o responsable dun local de hostalaría da cidade por facer un uso inadecuado da máscara e falar con clientes “a escasos centímetros” que consumían na barra.

Así o informou a Policía Local, que relatou que os feitos sucederon este luns, 2 de novembro, cando unha patrulla da Unidade Territorial de Policía de Barrio levou a cabo unha inspección nun local de hostalaría da rúa Nicomedes Pastor Díaz.

As mesmas fontes policiais detallaron que axentes detectaron que a persoa que rexenta o establecemento atopábase no interior da barra e “non facía un uso adecuado da máscara” mentres falaba cos clientes “a escasos centímetros”.

Por iso, a Policía Local tramitou acta denuncia por infracción á Lei de Saúde de Galicia con motivo do incumprimento das restricións actuais debidas á pandemia pola Covid-19.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...