InicioSociedadeA Fonsagrada sae da lista de concellos en alerta vermella por Covid-19

A Fonsagrada sae da lista de concellos en alerta vermella por Covid-19

A Consellería activa o nivel 3 en Burela e manteno en Lugo, Monforte, Cervo e Viveiro.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A provincia de Lugo mantén cinco concellos en alerta vermella pola incidencia do coronavirus, pero hai cambios nesta lista: sae A Fonsagrada e incorpórase Burela. Os municipios de Lugo, Viveiro, Cervo e Monforte de Lemos continúan neste mesmo nivel 3 de aviso.

Así o indica o mapa ‘semáforo’ que actualiza diariamente a Consellería de Sanidade. Bóveda e Cospeito son os únicos concellos lugueses que están en situación de alerta laranxa (nivel 2) este martes 3 de novembro, xornada na que a provincia rexistra menos positivos novos pero máis hospitalizacións.

Mentres, no conxunto da comunidade galega, redúcense os municipios con nivel de alerta vermello e pasan a ser 49, malia activarse hoxe o aviso en Burela e Malpica. A provincia de Pontevedra é a que ten un maior número de municipios nesta situación (21), seguida da Coruña (17) e lonxe de Ourense (6) e Lugo (5).

A entrada no nivel máximo de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus nos últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol –máis de 76 casos nunha semana–, Pontevedra –máis de 96–, Santiago –máis de 112–, Lugo –máis de 112–, Ourense –máis de 120–, A Coruña –máis de 276– e Vigo –máis de 332–.

ÚLTIMAS

O PP de Lugo rexeita as acusacións do PSOE contra Elena Candia

O PP de Lugo respondeu con "absoluta rotundidade" ás "graves acusacións" do PSOE lucense...

O PSOE de Lugo esixe a dimisión de Elena Candia tras o arquivo da “Operación Polbo”

O PSOE de Lugo reclamou este sábado “responsabilidades políticas” á vicepresidenta do Parlamento e...

Saída de vía en Pantón deixa catro persoas feridas

Un total de catro persoas resultaron feridas tras saírse da vía co seu vehículo...

O Arde Lucus celebrará o seu 25 aniversario do 18 ao 21 de xuño de 2026 cunha volta aos seus inicios

O Arde Lucus de Lugo celebrará o seu 25 aniversario do 18 ao 21 de xuño de...