InicioSociedadeDetéctanse menos contaxios en Lugo pero medra o número de hospitalizados

Detéctanse menos contaxios en Lugo pero medra o número de hospitalizados

A Fonsagrada sae da lista de concellos en alerta vermella, mentres que Burela pasa a incorporarse.

PUBLICADA O

- Advertisement -

Os positivos por Covid-19 confirmados por PCR nas últimas 24 horas seguen en descenso na provincia de Lugo tras detectarse 26 novos casos, fronte aos 39 de onte e aos máis de 100 do domingo. Ademais, o número total de positivos activos tamén se reduce: 963 pacientes contaxiados (20 menos). Porén, soben a 41 os hospitalizados con Covid-19 na área sanitaria (+3), dos cales cinco seguen na UCI (sen cambios).

Son cifras que ofrece a Consellería de Sanidade na mañá deste 3 de novembro, despois dun luns no que se bateu o récord de mortes por coronavirus na segunda onda da pandemia. Sanidade notificou onte 21 vítimas mortais, unha delas na provincia de Lugo.

Esta redución no ritmo de novos positivos tamén chega na antesala da revisión das restricións de mobilidade impostas pola Xunta dende o venres. O comité clínico decidirá na reunión desta tarde a súa vixencia.

CINCO CONCELLOS EN ALERTA VERMELLA

Por outra parte, e de acordo co mapa de cores que achega a Xunta sobre a incidencia do coronavirus por concellos, A Fonsagrada xa non está en alerta vermella. O seu nivel de aviso pasa a amarelo (nivel 1). Pola contra, Burela súmase á lista de municipios en alerta máxima, xunto a Lugo capital, Viveiro, Cervo e Monforte de Lemos.

Bóveda e Cospeito son os únicos concellos lugueses que están en situación de alerta laranxa (nivel 2) este martes.

GALICIA

Para o conxunto galego, Sanidade indica unha suba de casos activos ata os 9.376 (+84) a pesar de que os novos positivos detectados nas últimas 24 horas baixaron ata os 425 (fronte aos case 600 de onte ou os máis de 700 da fin de semana).

En Galicia, aumentan a 545 os pacientes ingresados (22 máis ca o luns), e deles 79 están a ser atendidos nas Unidades de Coidados Intensivos. O número total de falecidos dende o inicio da pandemia alcanza os 944.

Podes ler máis información no Galicia Confidencial.

+ posts

ÚLTIMAS

Arroxo amosa preocupación polo futuro dos proxectos de Lugo ante a moción de censura

O tenente de alcalde de Lugo, Rubén Arroxo (BNG), expresou a súa preocupación polo...

En liberdade o mozo detido por suposta agresión sexual en Lugo con orde de afastamento

O mozo detido en Lugo por unha suposta agresión sexual ocorrida a pasada fin...

Investigado por insultar e ameazar en redes sociais a un xogador do Club Deportivo Lugo

A Policía Nacional identificou a un home, veciño da provincia de Lugo, como presunto...

O FIV de Vilalba pecha a XIX Edición con 7.000 asistentes e un millón de euros en recadación

O FIV de Vilalba pechou a súa décimo novena edición cun balance moi positivo,...