InicioSociedadeVolven subir os casos activos de covid na provincia de Lugo

Volven subir os casos activos de covid na provincia de Lugo

PUBLICADA O

- Advertisement -

Galicia rexistrou outros 254 positivos por Covid-19 con respecto á xornada do domingo e os casos activos sitúanse en 4.101 este luns. A área sanitaria de Ourense rexistrou o maior incremento de casos activos, con 91 máis. En Lugo houbo dous casos máis, en parte polo gromo de Meira, no que se rexistraron dous positivos máis.

Segundo os datos actualizados pola Consellería de Sanidade este luns, os casos activos de Covid-19 aumentaron nas áreas de Ourense (91 máis con respecto ao domingo), que conta con 1.037; A Coruña, que ten 820 (un máis); Lugo, que conta con 495 (dous máis) e Ferrol, que se sitúa con 117 (un máis).

Por contra, os casos activos descenderon nas áreas sanitarias de Vigo, que conta con 419 (26 menos); Pontevedra, que se sitúa con 685 (catro menos) e Santiago, que rexistra 528 (dous menos).

Ata a data en Galicia hai 20.170 persoas curadas, o que supón 189 máis que o domingo, e 757 falecidos con Covid, tras as últimas vítimas comunicados na tarde do domingo, que corresponderon a dúas mulleres de 96 e 90 anos idade que permenecían ingresadas no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) procedentes da residencia As Salinas.

+ posts

ÚLTIMAS

Candia e a tránsfuga Reigosa presentan a moción de censura

A moción de censura que arrebatará o goberno de Lugo ao bipartito de PSOE...

Moción de censura: O goberno local aluda á “indignación popular” contra a moción do PP

A presidenta provincial do PP de Lugo e portavoz municipal na cidade, Elena Candia,...

María Reigosa non se presentará á praza de Litoral que vinculan ao seu apoio á moción de censura

A edil exsocialista do Concello de Lugo María Reigosa asegurou que non se presentará...

A Deputación inviste en Meira máis de 200.000€ para as obras en tres estradas

A Deputación vén de iniciar as obras de mellora do firme en tres estradas...