Outro falecemento no HULA eleva a 772 os mortos pola Covid

Un profesional sanitario baixa da ambulancia a un accidentado / EP

O falecemento dun home de 65 anos, que permanecía ingresado no Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo (HULA), elevou a 727 o total de vítimas mortais da pandemia do coronavirus en Galicia.

Segundo informan fontes sanitarias, tratábase dun home de 65 anos que fora diagnosticado de COVID-19 pero que xa contaba con patoloxías previas.

Con este último deceso –o único comunicado este venres–, a cifra de falecidos vinculados á pandemia desde o seu inicio ascende a 727 e, desde o comezo da ‘nova normalidade’, son xa 106. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here