InicioLugo e contornaUn novo falecido no HULA por COVID procedente da residencia de Outeiro...

Un novo falecido no HULA por COVID procedente da residencia de Outeiro de Rei

O falecido presentaba patoloxías previas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

En conreto era un home de 94 anos que estaba no Hospital Lucus Augusti de Lugo e que proviña da residencia DomusVi de Outeiro de Rei, o falecido presentaba patoloxías previas.

A Consellería de Sanidade notificou en total dous novos falecementos vinculados á COVID-19 na comunidade, os de dous pacientes ingresados na Coruña e Lugo. A última comunicación da morte dun paciente con coronavirus, un octoxenario ourensán, fora na mañá do martes.

A segunda persoa falecida era unha muller de 79 anos ingresada no CHUAC da Coruña.

Con iso, a cifra de falecidos vinculados á pandemia desde o seu inicio en Galicia ascende a 723 e, desde o comezo da ‘nova normalidade’, son xa 102. A primeira morte deste período foi a dunha muller o 7 de agosto.

Antes diso, a Comunidade encadeara case dous meses –desde o 10 de xuño– sen decesos relacionados co coronavirus. Hai xusto unha semana, o pasado mércores, Galicia superaba a barreira dos 700 falecidos.

+ posts

ÚLTIMAS

Besteiro reivindica en Lugo o papel das persoas que manteñen a actividade no rural durante todo o ano

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, participou este domingo na IV...

O PPdeG acusa o Goberno central de atrasar infraestruturas viarias na provincia de Lugo

O PPdeG denunciou este sábado atrasos e falta de avances nas infraestruturas viarias estatais...

A Audiencia de Lugo xulga un home acusado de agredir sexualmente unha muller que non podía prestar consentimento

A Audiencia Provincial de Lugo acollerá o vindeiro luns e martes o xuízo contra...

O San Froilán programa 346 actividades e pechará cun espectáculo de 500 drones e a Orquestra Panorama

O San Froilán 2026 contará con 346 actividades entre o 4 e o 12...