InicioSociedadeA cidade de Lugo rexistra este mércores novos contaxios en catro centros...

A cidade de Lugo rexistra este mércores novos contaxios en catro centros educativos

Xa son 23 os contaxios en catro centros de Lugo.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A incidencia da pandemia na comunidade galega obrigou ás autoridades sanitarias a manter pechadas unhas 50 aulas en centros e gardarías ao longo de todo o territorio debido a positivos entre alumnos ou docentes rexistrados en diversas escolas.

Os datos trasladados pola Xunta cuantifican un total de 179 positivos nos centros educativos, 18 máis que os comunicados este martes. Parte destes novos contaxios detectáronse nunha ducia de municipios, en concreto Carballo, Cee, Lugo, Santiago, Teo, Foz, Pedrafita do Cebreiro, Ourense, Barro, Marín, Meis e Vigo, e as cifras reflicten o peche de polo menos 15 unidades máis que se suman ao montante.

É por iso que a incidencia real e os positivos detectados no sistema educativo galego sería aínda maior a ese incremento de 18 novos contaxios e 15 unidades pechadas detecado respecto dos datos do martes.

Outros positivos detectáronse no CEIP O Cantel de Foz e no CPI Pedrafita do Cebreiro, que obrigou a pechar unha aula no centro. Lugo rexistrou novos contaxios no CEIP Benigno Quiroga Ballesterios, o IES A Nosa Señora dos Ollos Grandes, o IES Sanxillao e o CPR Plurilingüe A Milagrosa.

INCIDENCIA

As áreas de Santiago e da Coruña rexistran a maioría de casos, con 35 e 35 positivos respectivamente e cinco unidades pechadas en cada unha. Así mesmo, Pontevedra conta con 31 positivos e 12 unidades pechadas, Vigo con 29 contaxios e 19 aulas afectadas e Lugo ascende ata os 23 positivos e dúas aulas pechadas. Ourense, pola súa banda, rexistra 22 positivos e sete unidades pechadas e Ferrol uns cinco casos.

ÚLTIMAS

Dous irmáns lucenses, promesas do piragüismo español

Un día de semana ás 10:00 horas da mañá en pleno verán, Hugo Argiz e...

O pleno municipal aproba esixir á Xunta que garanta o dereito das mulleres a abortar na provincia

O pleno do Concello de Lugo aprobou este venres, co voto a favor de...

Un conductor ferido grave tras caer por un terraplén no Corgo

O condutor dun vehículo resultou ferido de gravidade tras saírse da vía e caer por un...

Doa sangue e levarás gratis unha entrada para o cinema

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) e o Centro Comercial As...