InicioSociedadeO primeiro tramo da autovía A-56 entre Lugo e Ourense entrará en...

O primeiro tramo da autovía A-56 entre Lugo e Ourense entrará en servizo este mércores

A Xunta acusou ao Ministerio de Transportes de "desprezo institucional" cara ao Goberno galego por, criticou a través dun comunicado, non informalos desta posta en servizo, da que, argumentan, tiveron coñecemento "a través dos medios de comunicación".

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral de Infraestruturas do Ministerio de Transportes, Sergio Vázquez, e o delegado do Goberno, Javier Losada, supervisarán este mércores a posta en servizo do primeiro tramo da autovía A-56, que unirá Lugo e Ourense.

A inauguración deste primeiro tramo, que une A Barrela e San Martiño, terá lugar nun acto ás 12,30 horas no municipio lucense de Carballedo, segundo recollen as previsións do ministerio.

En relación a esta cuestión, a Xunta acusou ao Ministerio de Transportes de “desprezo institucional” cara ao Goberno galego por, criticou a través dun comunicado, non informalos desta posta en servizo, da que, argumentan, tiveron coñecemento “a través dos medios de comunicación”.

O Ministerio de Transportes non considerou oportuno informar o Goberno galego deste acontecemento a pesar da relevancia desta infraestrutura para a Comunidade”, reza o comunicado, que lembra que as obras deste tramo “comezaron hai máis de 10 anos”.

A Xunta, continúa, “trasladou de forma reiterada ao Executivo central ao longo dos últimos anos o carácter estratéxico e prioritario que ten para a vertebración de Galicia” esta autovía e, en particular, este tramo, que “terá un importante impacto no chamado ‘Eixo do Ribeiro’, que une Ribadavia e O Carballiño coa Barrela”.

ÚLTIMAS

O Family Cash pechado ao detectarse unha praga de ratos continuará pechado por orde xudicial

A maxistrada do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo rexeitou este venres a solicitude...

Reabre o supermercado pechado temporalmente por presenza de ratos

O supermercado Family Cash situado no centro comercial de Abella, en Lugo, clausurado temporalmente...

Seguen hospitalizados 3 dos 6 intoxicados con deterxente nunha pulpería de Lugo durante o San Froilán

Tres das seis persoas que tiveron que ser ingresadas a pasada fin de semana...

Dous detidos por furto de móbiles durante as festas do San Froilán

Investigacións levadas a cabo por membros da Brigada de Policía Xudicial da Policía Nacional...