InicioSociedadeDenuncian un bar aberto fóra de horario e con clientes que bebían...

Denuncian un bar aberto fóra de horario e con clientes que bebían e fumaban e outros sen máscara

Fontes policiais incidiron en que os establecementos de hostalaría e restauración deberán pechar "non máis tarde de l 1,00 horas", sen que se poida permitir o acceso de clientes desde as 00,00 horas.

PUBLICADA O

- Advertisement -

A Policía Local de Lugo denunciou ao dono dun café-bar aberto fóra do horario establecido con motivo da pandemia Covid-19 onde había clientes que bebían e fumaban e outros sen máscara.

Segundo informou a Policía Local de Lugo, sobre as 1,45 horas do 22 de setembro unha patrulla do Grupo Operativo Nocturno da Policía Local de Lugo observou que un café-bar, situado na Rúa Concello, estaba aberto con clientes que consumían tanto no seu interior como no exterior.

As mesmas fontes policiais incidiron en que os establecementos de hostalaría e restauración deberán pechar “non máis tarde de l 1,00 horas”, sen que se poida permitir o acceso de clientes desde as 00,00 horas.

A patrulla desprazada realizou unha inspección no local, onde detectaron que varios clientes que estaban fumando e que outros non facían uso da máscara de protección, confirmou a Policía Local.

Por iso, os axentes tramitaron actas por infracción á normativa da Xunta sobre medidas de prevención como consecuencia da Covid-19 e denunciaron ao propietario do local por estar aberto e con clientes no interior, fóra do horario establecido, e por permitir fumar dentro do establecemento. De feito, subliñaron as mesmas fontes, os policías observaron “varias cabichas no chan, abundante fume e un forte cheiro a tabaco”.

Ademais, un cliente ao manifestar aos axentes que non pode pór a máscara porque a “perdeu”, segundo dixo, foi denunciado por infracción á Lei de Saúde de Galicia. O local foi desaloxado polos axentes, polo que procederon ao seu peche.

+ posts

ÚLTIMAS

Tres concellos recibirán 800.000 euros en investimentos desde a Deputación para mobilidade

  A Deputación de Lugo aprobou este venres na Xunta de Goberno un novo investimento...

Pena Nogueira recibe a V Edición de Ciencia na Aldea con investigadores de España e Portugal

O Pazo de San Marcos acolleu esta tarde a presentación da quinta edición de...

O PP de Lugo apoia a iniciativa de recoñecer a Fernando Ónega como Fillo Adoptivo da cidade

O Grupo Municipal do Partido Popular de Lugo apoia a iniciativa impulsada por un...

A Deputación de Lugo aposta polos monólogos e o humor reflexivo no seu programa de loita contra o machismo

O humor e a reflexión feminista serán eixo dunha programación que estrea a Deputación...