InicioLugo e contornaLugoO PSOE critica a precarización dos servizos sanitarios na cidade de Lugo

O PSOE critica a precarización dos servizos sanitarios na cidade de Lugo

Gonzalo Caballero e Lara Méndez din que a Xunta promove que "haxa servizos sanitarios máis recortados e máis afastados da cidadanía"

PUBLICADA O

- Advertisement -

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, criticou este sábado a concentración de servizos sanitarios na cidade de Lugo decretada pola Xunta de Galicia. Nunha visita  a un centro de saúde desta cidade, acompañado pola alcaldesa Lara Méndez e membros da dirección provincial do partido, cargou contra a medida adoptada polo Goberno galego que supón a concentración no centro de saúde de Fingoi dos servizos de atención primaria e pediatría durante a fin de semana.

“Levaba o PP no seu programa electoral esta medida. Feijóo dixo ao longo da campaña que ía tomar esta decisión que afasta os servizos sanitarios da xente”, dixo o dirixente socialista en declaracións aos medios. “Unha medida que non está acordada cos colectivos profesionais nin cos sindicatos nin coas autoridades locais”, engadiu, polo que chamou a mobilizarse en defensa da sanidade pública e, en concreto, polo fortalecemento dos servizos de atención primaria.

Neste sentido, subliñou que o Goberno galego recibiu do Estado 268 millóns de euros extraordinarios “para fortalecer o sistema sanitario” e por iso expresou o seu rexeitamento a unha decisión que provoca “que haxa servizos sanitarios máis recortados e máis afastados da cidadanía”.

Pola súa banda, Lara Méndez trasladou que esta reforma da Xunta “só obedece a cuestións puramente económicas” e sostivo que a atención primaria é “un muro de contención da propia pandemia”, polo que corresponde dotala de persoal para afianzar a súa calidade.

+ posts

ÚLTIMAS

O PPdeG reclama a PSdeG e BNG “asumir responsabilidades” por permitir que Tomé siga de alcalde e deputado

O portavoz parlamentario do PPdeG, Alberto Pazos Couñago, esixiu ao PSdeG e ao BNG...

O PPdeG non asistirá ao acto do 8M na Deputación de Lugo por mor do “branqueamento” de José Tomé

Os deputados do Grupo Provincial Popular de Lugo anunciaron este martes que non asistiran...

A Rede Museística é a institución de referencia no apoio á creación feminina segundo un informe

informe Las Artistas, aquí y ahora elaborado pola Asociación de  Mujeres en las Artes...

Senadores do PP de Lugo reclaman a Sánchez “concretar prazos” para reparacións na N-6

Os senadores do PP de Lugo reprocharon ao Goberno que "non concrete prazos" sobre...